72. A cana e o carballo
O robusto carballo díxolle á humilde e fráxil cana:
-Non me estrañaría que te queixases da túa mala sorte, xa que a natureza che fixo tan extremadamente fráxil que ata o peso do paxaro máis pequeno te obriga a inclinarte. E xa non digamos cando sopra o vento ou aumenta a chuvia.
Mírame a min, en cambio: a miña soberbia copa planta cara aos raios de sol e non temo os embates das tempestades, que me parecen suaves brisas.
É unha mágoa que non naceses ao abeiro da miña follaxe, porque así poderías vivir tranquila: eu defenderíate do vento e as tormentas.
A cana contestou:
- Non te preocupes por min, pois o vento cando aumenta fai que o meu talo se dobre, pero non racha. Pode que sexa peor para tí, aínda que pareza mentira.
Mentres falaban, empezou a soprar un vento forte que se converteu nun terrible furacán. O carballo resisitiu con tódalas súas forzas ata que o vento arrincou o seu madeiro de raíz.
A cana, ao velo, inclinou o seu talo e deixou que pasase por enriba dela, sen rozala siquiera.
Despois o vento cesou e a cana volveu alzarse, mentres que o carballo xacía en terra.