71. O anel
O anel
Hai unha vella historia dun mozo que acudiu a un sabio en busca de axuda.
-Veño, mestre, porque me sinto tan pouca cousa que non teño forzas para facer nada. Dinme que non sirvo, que non fago nada ben, que son torpe e bastante parvo.
- ¿Como podo mellorar? ¿Que podo facer para que me valoren máis?
O mestre, sen miralo, díxolle:
-Canto o sinto rapaz, non podo axudarche, debo resolver primeiro o meu propio problema. Quizais despois... -e facendo unha pausa engadiu- Se quixeses axudarme ti a min, eu podería resolver este tema con máis rapidez e despois talvez póidache axudar.
-Eu... encantado, mestre -titubeou o mozo aínda que sentiu que outra vez era desvalorizado e as súas necesidades postergadas.
-Ben -asentiu o mestre. Quitou un anel que levaba no dedo pequeno da man esquerda e dándollo ao rapaz, agregou -toma o cabalo que está alí fóra e cabalga ata o mercado. Debo vender este anel porque teño que pagar unha débeda. É necesario que obteñas por el a maior suma posible, pero non aceptes menos dunha moeda de ouro. Vaite antes e regresa con esa moeda o máis rápido que poidas.
O mozo tomou o anel e partiu. A penas chegou, empezou a ofrecer o anel aos mercadores. Estes mirábano con algún interese, ata que o mozo dicía o que pretendía polo anel.
Cando o mozo mencionaba a moeda de ouro, algúns rían, outros dábanlle volta a cara e só un velliño foi tan amable como para tomarse a molestia de explicarlle que unha moeda de ouro era moi valiosa para entregala a cambio dun anel.
En afán de axudar, alguén lle ofreceu unha moeda de prata e un cacharro de cobre, pero o mozo tiña instrucións de non aceptar menos dunha moeda de ouro, e rexeitou a oferta.
Despois de ofrecer a súa xoia a toda persoa que se cruzaba no mercado -máis de cen persoas- e abatido polo seu fracaso, montou o seu cabalo e regresou.
Cánto desexaría o mozo ter el mesmo esa moeda de ouro. Podería entón entregarlla ao mestre para liberalo da súa preocupación e recibir entón o seu consello e axuda.
Entrou no cuarto.
-Mestre -dixo- síntoo, non é posible conseguir o que me pediches. Quizais puidese conseguir dúas ou tres moedas de prata, pero non creo que eu poida enganar a ninguén respecto do verdadeiro valor do anel.
-Qué importante o que dixeches, amigo -contestou sorrinte o mestre-. Debemos saber primeiro o verdadeiro valor do anel. Volve montar e vaite ao xoieiro. ¿Quen mellor ca el, para sabelo? Dille que quixeses vender o anel e pregúntalle cánto che dá por el. Pero non importa o que ofreza, non llo vendas. Volve aquí co meu anel.
O mozo volveu cabalgar. O xoieiro examinou o anel á luz do candil, mirouno coa súa lupa, pesouno e logo díxolle:
-Dille ao mestre, rapaz, que se o quere vender xa, non podo darlle máis que 58 moedas de ouro polo seu anel.
- ¡¿58 moedas?! -exclamou o mozo.
-Si -replicou o xoieiro- Eu sei que con tempo poderiamos obter por el preto de 70 moedas, pero non sei... Se a venda é urxente...
O mozo correu emocionado á casa do mestre a contarlle o sucedido.
-Senta -dixo o mestre despois de escoitalo-. Ti es como este anel: unha xoia, valiosa e única.
E como tal, só pode avaliarte verdadeiramente un experto. ¿Que fas pola vida pretendendo que calquera descubra o teu verdadeiro valor?
E dicindo isto, volveu poñerse o anel no dedo pequeno da súa man esquerda.