I Concurso de microrrelatos
Con motivo da celebración do Día das Letras 2009, os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino de Fene, coa coordinación da Concellalía de Cultura do Concello de Fene, convocan un concurso de Microrrelatos que se rexerá polas seguintes
RESULTADO DA FASE INTERNA:
1º - 2º de ESO:
Gañador: Roque Sanfiz Arias - 1º A
Finalistas: Soraya Filgueiras Arnoso 2º B
Ángela García Pérez 2º A
3º e 4º de ESO
Gañadora: Icía Sanmartín Novo - 3º A
Finalistas: Sara Cribeiro Silva - 3º A
Rocío Malpica Rivas - 3º A
Ciclos - Bacharelato
Gañador: Adrián López Canosa - 1º B
Finalistas: Noelia González Alvariño - 1º C
Tamara Santamariña Sanmartín - 1º A
Marta Yañez Lamas 1º C
FASE LOCAL. Seleccionados para competir con outros centros de Fene:
Categoría 1º e 2º de ESO
Roque Sanfiz Arias, 1ºESO A
Fene á fin. Conseguiu traballo para ASTANO. Dá moita alegría ver saír os barcos pola Ría, as botaduras, e, o mellor de todo, oír tocar a sirena pola mañá e ver entrar as milleiras de almas a traballar, a dar de comer ás súas familias. Ante a demanda de vivendas estanse a construír unhas onde antes estaba Carburos Metálicos. Agora veñen pedidos de todo o mundo. Os empresarios loitan porque o seu barco sexa construído en ASTANO. Este estaleiro é coñecido no mundo enteiro por ser o construtor dos barcos máis grandes do planeta: cargueiros, petroleiros e gaseiros son uns poucos da longa lista deste estaleiro.
Pero houbo un día no que isto foi diferente, un día no que só se vían saír barcos reparados, un día no que sobraban vivendas de traballadores, pois apenas os había, non había botaduras, non tocaba a sirena. Por desgraza, ese día é hoxe.
Soraya Filgueiras Arnoso, 2ºESO B
OS DINOMAMUTS
Fene á fin. Algún día tiña que pasar...Tiñan que chegar a Fene...os DINOMAMUTS. Será mellor que empece polo principio da historia: estaba na praia, dándome un pequeno mergullo e, de repente, vin un estraño animal. Estaba lonxe e non o vía moi ben, pensei que sería mellor non darlle importancia. Ao marchar da praia notei como alguén me seguía...e pensei, será a miña imaxinación! Cheguei a casa, e na miña habitación, a escuras, sentín moverse algo debaixo da miña cama. Entón saíu un estraño animal... Aínda estando asustada collino e leveino a un veterinario amigo. Díxome que era un animal propio doutros países, e que debía considerarme moi afortunada ao telo, xa que eran moi especiais: eles elixen con quen queren vivir, escollendo só a xente de bos sentimentos. Sentinme moi ben...marchei á casa co dinomamut... Algún día os DINOMAMUTS tiñan que chegar a Fene.
Categoría 3º e 4º de ESO
Icía Sanmartín Novo, 3ºESO A
Fene, ao fin. Estaba cansa. Unha viaxe moi longa, nunca remataba. Só soñaba con volver a Fene, onde nacín, onde vivín... Aquí pasei todos os bos momentos da miña vida, tamén os malos, pero xa non os recordo. De pequena, xogaba no xardín da casa, cos meus xoguetes, co meu can... Cando marchei, todo perdido. De pequena, cando anoitecía e o sol se poñía, un fulgor laranxa reflectía no mar, fermoso, inesquecible. Cando marchei, nada. De pequena, o arrecendo a herba mollada, a flores frescas... mellor que un caro perfume. Cando marchei, só me quedaba o recordo. Dese olor, xa non quedaba nada.
Perfume de Chanel: 68€
Un can de raza: 1700€
Volver á terra de onde un día tiveches que marchar, non ten prezo.
Sara Cribeiro Silva, 3ºESO A
AO FIN
Fene ao fin! Tras longas escapadas por sendas infernais, tras fatigosas viaxes por extensos mares, mentres que un incesante vento impedía ver o horizonte; tras pasar meses incomunicado co mundo, ao fin estaba na casa. Entón ata a máis ínfima herba me parecía dunha inmensa importancia. Ao fin chegara. E, cando ao fin me sentía feliz, atrapoume.
Categoría BACHARELATO - CICLOS
Adrián López Canosa, 1ºBAC B
LOBO DE MAR
Fene ao fin. Iso foi o que dixo aquel vello cabrón ó chegar ó noso pobo. Seguiuno unha leria sobre o seu querido fogar e demais historias. Merda. Ese carcamal do carallo pasou toda a vida fóra da casa e chega agora dicindo que me quere moito e que quere recuperarme. Fillo de puta! Nunca imaxinei que este home ía volver. Non o fixo cando a miña nai morreu, non, fíxoo agora que quedou sen un peso e non ten onde caer morto. Chorei si, pero ese tipo non pisaría a miña casa. El tamén chorou, suplicoume, mesmo me dixo que marcharía para sempre se iso era o que eu quería, pero que primeiro o escoitara. Non o fixen. Unha semana despois apareceu morto nun accidente. Morreu afogado. Trataba de volver a pescar, segundo escoitei. Vello tolo. No barco encontraron unha nota que poñía “Oxalá me escoitases”.
Debín facelo.
Noelia González Albariño, 1ºBAC C
Fene ao fin se albiscaba na efémera liña que se produce no solpor, cando os últimos raios do sol acarician a superficie da terra, dando paso á noite.
Os meus ollos chispearon de felicidade durante unha fracción de segundo; o tempo que tardou en invadirnos un sentimento de nostalxia ao pensar nos compañeiros que xa non estaban, que loitaron con nós ombro con ombro, compartindo unha mesma suor, defendendo un ideal común...
Pero este sentimento axiña se substituíu por un máis forte e arraigado... a ledicia de volver de novo, ao meu fogar.