Bases 1º concurso de microrrelatos

1-    Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do concello de Fene.
2-    Os/as paticipantes deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega que non poderá sobrepasar as 150 palabras e que deberá comezar polo texto seguinte:

Fene, ao fin.

3-    O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase interna os traballos elaborados serán entregados ao profesorado encargado deste concurso en cada centro educativo, e será o propio centro quen decida a composición do xurado. Para a fase interescolar, os traballos seleccionados (máximo dous por categoría) deberán entregarse acompañados dun sobre pechado, que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.

4-    Establécense catro categorías:

A-    5º e 6º de Primaria.
B-    1º e 2º de ESO.
C-    3º e 4º de ESO.
D-    Bacharelato e Ciclos.


5-
    O Xurado estará composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar (un profesor/a e un alumno/a) e un representante do Concello, que dictaminará sobre o concurso de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos. Asemade, se a calidade dos traballos así o aconsella, poderán concederse os accésits que o Xurado estime conveniente.


6-
    Os traballos premiados quedarán en posesión do Concello que poderá utilizalos cando e como quixer.

7-    Establécense os premios seguintes:

Categorías A e B: unha PSP para cada gañador/a.

Categorías C e D: un ordenador portátil para cada gañador/a.


8-
    O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o xoves 30 de abril na fase interna e o 13 de maio para a fase intercentros. O resultado darase a coñecer por parte do Concello a todos os centros de ensino participantes.


9- 
   Cos traballos escollidos poderán ser editados polo Concello ou realizar con eles unha exposición pública.

10-    A participación no concurso supón a aceptación destas bases.