63. A carreta baleira
Camiñaba co meu pai cando él se detivo nunha curva e despois dun pequeno silencio preguntoume: "además do cantar dos paxaros, escoitas algunha cousa máis?".
Agucei os meus ouvidos e algúns segundos despois respondínlle:
"Estou escoitando o ruido dunha carreta."
"Iso é" - dixo o meu pai - "É unha carreta baleira."
Pregunteille ao meu pai: "Cómo sabes que é unha carreta baleira, se aínda non a vemos?"
Entón o meu pai respondeu: "É moi doado saber cando unha carreta está baleira, polo seu ruido. Canto máis baleira estea a carreta, maior é o ruido que fai".
Convertinme en adulto e ata hoxe cando vexo a unha persoa falando demasiado, interrompindo as conversacións, sendo inoportuna ou violenta, presumindo do que ten, sentindose prepotente e facendo de menos á xente, teño a impresión de oír a voz do meu padre dicindo: "Canto máis baleira a carreta, maior é o ruido que fai".
A humildade consiste en calar as nosas virtudes e permitirle aos demais descubrilas.
Lembrade que existen persoas tan pobres que o único que teñen é diñeiro. Ninguén está máis baleiro, que quenes están cheos de egoísmo dun suposto Eu Mesmo/a.