49. A natureza do escorpión
Un mestre oriental viu cómo un escorpión estaba afogando, decidiu sacalo da auga, pero cando o fixo, o bicho picoulle.
Pola reacción á dor, o mestre soltou o animal, que caeu á auga e de novo estaba afogando. O mestre intentou sacalo de novo e outra vez o bicho volveulle a picar.
Alguén que observara todo, achegóuse ao mestre e díxolle:
- Perdoe, ¡pero vostede é terco! ¿Non entende que cada vez que intenta sacalo da agua vaille picar?
- A natureza do escorpión é picar e isto non vai cambiar a miña, que é axudar -respondieu o mestre.
E entón, axudándose dunha folla, o mestre sacou ao animaliño da auga e salvoulle a vida.
Non cambies a túa natureza se alguén che fai dano; só toma precaucións.
Algunhas persoas perseguen a felicidade, outros crean felicidade.
Que a conducta das outras persoas xamais condicione a túa.