48. A constitución máis pequena do mundo
Un grupo de sabios xudeus reuniuse para tentar crear a menor Constitución do mundo. Se algún deles era capaz de definir, no tempo que necesita unha persoa para manterse en equilibrio cun un só pé, as leis que deben rexir o comportamento humano, sería considerado o máis sabio de tódolos sabios.
- Deus castiga aos criminais - dixo un.
Os outros argumentaron que iso non era unha lei, senón unha ameaza, e a frase non foi aceptada.
- Deus é amor - comentou outro.
Novamente os sabios non aceptaron a frase, dicindo que non aclaraba ben os deberes da humanidade.
Naquel intre aproximouse o rabino Hillel e, sosténdose nun só pé, dixo:
- Non fagas aos demais o que non soportarías que che fixeran a ti. Esta é la Lei. Todo o demais é comentario xurídico.
E o rabino Hillel foi considerado o maior sabio do seu tempo.