36. ¿Como nace un paradigma?
Un grupo de científicos colocou cinco monos nunha xaula, e no centro colocaron unha escaleira e, sobre ela, un montón de bananas. Cando un mono subía a escaleira para coller as bananas, os científicos ceibábanlle un chorro de auga fría sobre os que quedaban no chan.
Despois dalgún tempo, cando un mono ía a subir a escaleira, os outros lo collíano e baixábano a golpes.
Pasado algún tempo máis, ningún mono subía a escaleira, a pesar da tentación das bananas. Entón, os científicos substituíron un dos monos.
A primeira cousa que fixo foi subir a escaleira, sendo rapidamente baixado polos outros, que lle pegaron. Despois de algunhas malleiras, o novo integrante do grupo xa non subiu máis á escaleira.
Un segundo mono foi substituído, e sucedeu o mesmo. O primeiro substituto participou con entusiasmo da malleira ao novato.
Un terceiro foi cambiado, e repetiuse o feito. O cuarto e, finalmente, o último dos veteranos foi substituído.
Os científicos quedaron, entón, cun grupo de cinco monos que, aínda cando nunca recibiron un baño de auga fría, continuaban golpeando a quen intentase chegar ás bananas.
Se fose posible preguntar a algúns deles por qué lle pegaban a quen intentase subir a escaleira, con certeza a resposta sería: "Non sei, aquí as cousas sempre se fixeron así..."
¿Sóache coñecido ?
"É máis doado rachar un átomo que un prexuízo" – Albert Einstein.