35. O frasco de vidro e o café
Un profesor, diante dos seus alumnos e alumnas da clase de filosofía, sen dicir nin unha palabra, tomou un frasco grande de vidro e procedeu a enchelo con pelotas de golf. Despois preguntou aos estudiantes se o bote estaba cheo. Os estudiantes estiveron de acordo en dicir que si.
O profesor colleu unha caixa chea de perdigóns e baleirouno dentro del bote. Estes encheron os espacios baleiros que quedaban entre as pelotas de golf.
O profesor volveu a preguntar de novo aos estudiantes se o frasco estaba cheo, e eles volveron a contestar que si. Despois, o profesor tomou unha caixa con area e baleirouna dentro do frasco.
Por suposto que a arena encheu tódolos espacios baleiros e o profesor volveu a preguntar de novo se o frasco estaba cheo.
Nesta ocasión, os estudiantes responderon cun si unánime.
O profesor, rapidamente, engadiu dúas taciñas de café ao contido do frasco, e, efectivamente, o café encheu tódolos espacios baleiros entre a area. Os estudiantes rían. Cando a risa se foi apagando, o profesor díxolles:
- "Quero que vos fixedes neste frasco, que representa a vida. As pelotas de golf son as cousas importantes, como a familia, os fillos, a saúde, os amigos, o amor, cousas que nos apaixonan. Son cousas que, aínda que perdéramos o resto e nada máis nos quedasen estas, as vosas vidas aínda estarían cheas.
Os perdigóns son as outras cousas que nos importan, como o traballo, a casa, o coche... A area é o resto das pequenas cousas. Se primeiro puxéramos a area no frasco, non habería espacio para os perdigóns, nin para as pelotas de golf.
O mesmo sucede coa vida. Se utilizáramos todo o noso tempo e enerxía nas cousas pequenas, non teríamos nunca lugar para as
cousas realmente importantes. Presta atención ás cousas que son cruciais para a túa felicidade. Xoga cos teus fillos, concédete tempo para ir ao médico, vai coa túa parella a cear, practica o teu deporte ou a túa afección favorita. Sempre haberá tempo para limpar a casa, para reparar a chave da auga. Ocúpate primeiro das cousas que realmente che importan. Establece as túas prioridades. O resto solo é area".
Un dos estudiantes levantou a man e preguntoulle qué representaba o café.
O profesor sorriu e díxolle:
-"¡¡ Encántame que me fagas esta pregunta!! O café é para demostrar que aínda que a túa vida che pareza chea, sempre hai un lugar para dúas taciñas de café cun amigo..."
Cando as cousas na vida te superen, cando 24 horas ao día non sexan suficientes, lembra "o frasco de vidro e o café".
É por isto que é chamado o presente!