16. xogar ás agachadas
Contan que unha vez reuníronse tódolos sentimentos e cualidades dos seres humanos nun lugar da terra. Cando o ABURRIMIENTO reclamou por terceira vez, a LOUCURA, coma sempre tan tola, propúxolles:
¿Vamos a xogar ás agachadas?
A INTRIGA ergueu a cella intrigada e a CURIOSIDADE sen poder conterse preguntou:
¿Ás agachadas? ¿Cómo é iso?
É un xogo, explicou a LOUCURA, no que pecho os ollos e comezo a contar de un a un millón, mentres vostedes se esconden, e cando remate de contar, o primeiro de vostedes que atope ocupará o meu lugar para continuar o xogo.
O ENTUSIASMO danzou seguido pola EUFORIA.
A ALEGRIA deu tantos saltos que terminou de convencer á DÚBIDA e tamén á APATÍA, que nunca se interesaba por nada.
Pero non todos quixeron participar: A VERDADE preferiu non agacharse. ¿Para qué? ¿Se ao final todos a atopaban? A SOBERBIA opinou que era un xogo moi parvo (no fondo o que a incomodaba era que a idea non fose súa) e a COBARDIA preferiu non arriscarse.
Un, dous, tres, catro - Comezou a contar a LOUCURA.
A primeira en agacharse foi a PRESA, que coma sempre caeu detrás da primeira pedra do camiño.
A FE subiu ao ceo e a ENVEXA agachouse detrás da sombra do TRIUNFO, que co seu propio esforzo conseguira subir á copa da arbore máis alta.
A XENEROSIDADE case non consegue agacharse, porque cada lugar que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: se era un lago cristalino, ideal para a BELEZA; se era a copa dunha arbore, perfecto para a TIMIDEZ; se era o voo dunha pomba, o mellor para a VONTADE; se era una ráfaga de vento, magnífico para a LIBERDADE. Así acabou agachándose nun raio de sol.
O EGOISMO, polo contrario, atopou un lugar moi bo dende o principio. Ventilado, cómodo, pero so para el. A MENTIRA escondeuse no fondo do océano (mentira, en realidade escondeuse detrás do arco iris) e a PAIXON e o DESEXO, no centro dos volcáns.
O ESQUECEMENTO, non recordamos onde se agachou, pero eso non é o máis importante.
Cando a LOCURA estaba xa polo número 999.999, o AMOR aínda no atopara un lugar para agacharse, pois todos estaban xa ocupados, ata que atopou unha roseira e, cariñosamente, decidiu agacharse entre as súas flores.
Un millón, contou a LOUCURA e comezou a busca.
A primeira en aparecer foi a PRESA, a penas a tres pasos dunha pedra.
Despois escoitou á FE discutindo con Deus, sobre zooloxía, no ceo. Sentiu vibrar a PAIXON e o DESEXO nos volcáns. Nun descoido, atopou á ENVEXA e claro puido deducir ónde estaba o TRIUNFO.
Ao EGOISMO, non tivo que buscalo; el só saíu disparado do seu escondite que en realidade era un niño de avespas. De tanto camiñar sentiu sede e ao achegarse a un lago, descubriu a BELEZA. A DÚBIDA foi máis doado aínda, pois atopouna sentada sobre un valado sen decidir de qué lado agocharse.
E así foi atopando a todos. Ao TALENTO entre a herba fresca, á ANGUSTIA nunha cova escura, á MENTIRA detrás do arco iris (mentira, estaba no fondo do océano) e hasta ao ESQUECEMENTO, que esquecera que estaba xogando ás agachadas.
Pero o AMOR non aparecía por ningures. A LOUCURA buscouno detrás de cada árbore, debaixo de cada roca do planeta e encima das montañas. Cando estaba a punto de darse por vencida, atopou unha roseira. Tomou unha variña e con ela comezou a mover as ramas, cando no mesmo intre escoitouse un berro de dor. As espiñas feriran ao AMOR nos ollos. A LOUCURA non sabía qué facer para desculparse. Chorou, rezou, implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu guía.
Dende entón, dende que por primeira vez se xogou ás agachadas na Terra:
O AMOR é cego e a LOUCURA sempre o acompaña.