14. A ostra e a grulla

O día era espléndido, tranquilo e luminoso. Unha ostra abriu a súa cuncha e dispúxose a gozar placidamente dos raios solares ¡Qué agradable era sentir o sol na súa carne! Pero non é raro que o pracer sexa o preludio da dor, como nesta ocasión, porque pasou por alí unha grulla e lanzou o seu afiado pico contra a súa carne para comela. Ao sentir o picotazo, de maneira automática e veloz, o molusco pechou as súas valvas e retivo entre elas o pico da ave. Agora ben: nin a ostra podía cerrar totalmente as súas valvas nin a grulla podía retirar o seu pico. Ambas estaban atrapadas. En tanto a grulla non quería soltar a súa presa, a ostra tampouco tiña intencións de soltar a súa agresora. Entonces empezaron a discutir entre elas. A grulla dixo:

- Se non me soltas, xa sabes o que che espera. Vas morrer por falta de auga.

E a ostra replicou:

- E ti morrerás de fame.

Durante horas e horas, a ostra e a grulla seguiron discutindo sen que ningunha cedese ás razóns da outra. Pasou entón por alí un pescador e contemplou a pechada discusión que entaboaban os dous animais. Sen podelo evitar, comezou a rir a gargalladas. Logo meteunas no seu zurrón, levounas á casa e botounas á pota para cociñalas, mentres elas, sen advertir o que pasara, seguían discutindo a gritos.