13. Só vemos o negro

Pediron a un sabio ancián que dera unha charla a un grupo sobre a natureza negativa da mente.

Este puxo na parede unha enorme folla de papel totalmente branco e fixo un pequeno punto negro no papel cun lapis.

Entón, pediu a cada un que dixeran o que vían.

Cada un dos presentes respondeu que vía un punto negro. Entón dixo o ancián:

_ Sí, hai un pequeno puntiño negro, pero ninguén de vos viu a enorme superficie de papel branco.

E este e o punto central do meu discurso: só vemos o negro.