A Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou a Orde que regula o fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de ESO) e axudas para a adquisición de material escolar (todos os cursos).
Os pais/nais titores/as interesados deberán:
- Presentar unha solicitude única para todas as axudas con data límite de presentación do 22 de xuño.
- É imprescindible para a concesión da axuda entregar nos últimos días de clase os libros de texto deste ano académico en bo estado. De non facelo a solicitude estaría excluída.
- Para a comprobación dos datos da unidade familiar será necesario entregar copia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar, e no seu caso sentenza xudicial de separación ou divorcio ou certificado de convivencia (expídese no Concello).
Podedes consultar a orde do DOG nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf
A instancia-solicitude podedes recollela na administración do centro ou ben cubrila por internet nesta ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B