Skip to Content

CELEBRAMOS O MAGOSTO CON XOGOS TRADICIONAIS

Este pasado martes día 9 de novembro voltamos celebrar o Magosto! E que mellor xeito de honrar a tradición do país ca coñecendo os xogos tradicionais galegos. Grazas ao profesor de E.F., Kito Parada, o noso alumnado pasouno en grande con xogos coma o do Espigo, o da Ra, o da Porca, o dos Pateadores, o do Faquir, o da Bólas celtas, o dos Foles, o do Curruncho, o das Picas, o do Quebracabezas do vinte e catro, o das Pirindolas con furados... E moitos máis! E así, con xogos e castañas asadas, puidemos albiscar un pouquiño da antiga normalidade. Deixamos aquí unhas imaxes e un vídeo-resumo da actividade. E para ver o álbum completo coas fotos de todo o alumnado, preme na seguinte imaxe:



page | by Dr. Radut