Skip to Content

EQUIPO DE MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Esta semana rematou coa formación o noso equipo de mediación. Foi un curso moi dinámico e ameno no que traballaron as técnicas de resolución de conflitos a partir de supostos prácticos.

O alumnado que forma parte do equipo de mediación neste curso académico son: Iria, Ian, Irene, Laura N., Laura C., Sabela, Nerea, Valeria, Alicia, Nahir e Javier. Sabemos que farán un gran labor para a mellora da convivencia no centro.

Agradecemos a Mónica Vélez a súa dedicación e o seu traballo realizado durante estas semanas.



page | by Dr. Radut