CANCELACIÓN DO CRIBADO COVID
Acabamos de recibir a información de que o Sergas non realizará cribado no centro. A única información que nos facilitou a Xefatura territorial é que para o alumnado entre 12 e 18 anos, as PCR poderán facerse de forma gratuita nas farmacias da localidade durante esta semana. Sentimos non poder dar máis datos ao respecto e as molestias ocasionadas por estas informacións contraditorias que son totalmente alleas ao centro. |