Skip to Content

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIDADE NA RÍA DE AROUSA

Os rapaces e rapazas de 1º ESO asistiron abraiados á crónica dunha invasión. Como o oes: Juan E. Trigo, membro do GEMM Galicia (Grupo de Investigación do Medio Mariño de Galicia) contounos que a nosa Ría está sendo invadida por bichos raros. Especies exóticas que veñen doutros océanos e mares e poñen en perigo ás ameixas, vieiras e mexillóns autóctonos. Que podemos facer?

Deixamos aquí algunhas imaxes da interesantísima videoconferencia (preme para velas todas). Tamén podedes acceder ao vídeo da charla completa premendo aquí.



page | by Dr. Radut