Skip to Content

Reapertura do prazo de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

 Seguindo as instruccións publicadas onte no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes, ambos incluidos.

A partir do luns 11 de maio no centro haberá un membro do equipo directivo en horario de 09:00 a 14:30 horas. Recordamos que poden poñerse en contacto co centro no número do mesmo 886159230.

Para evitar que se xunte un número alto de persoas que veñan a traer a documentación para o proceso de admisión recoméndase chamar previamente para concertar cita. O horario de atención ás solicitudes de admisión será de 10:00 a 13:00 horas.



book | by Dr. Radut