Celebrando o Día do Libro
Antes de que un virus nos obligase a refuxiarnos nas nosas casas, o Club de Lectura de Adultos do Faro das Lúas tivemos o pracer de reunirnos para compartir o noso amor polos libros. Xuntos comentamos "O último barco", de Domingo Villar. Unha charla moi grata en moi boa compañía.