Skip to Content

Fondo librose axudas material 2019/20

 

 

FONDO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou no DOG do 20 de maio a Orde que regula o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes REMATA O 21 DE XUÑO (despois deste día non se recollerá ningunha solicitude). Dende o centro, debido ó volume de solicitudes, recomendamos que as presenten preferiblemente antes do 14 de xuño.

·     

O instituto conta co programa EDIXGAL en 1º e 2º ESO polo que o alumnado que se matricule nestes cursos no 2019-2020 non terá axudas para fondos de libros, pero si axudas de material escolar.

·     

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Tamén poden presentarse no centro, para o cal estará a vosa disposición na administración do instituto a instancia (que pode solicitar o alumnado).

·     

O alumnado que repita 4º ESO no curso 2019-2020 e non tivese presentado con anterioridade a solicitude, poderá facelo no prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

·     

Para a comprobación dos datos da unidade familiar será necesario entregar copia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar, e no seu caso sentenza xudicial de separación  ou divorcio ou certificado de convivencia (expídese no Concello). Indicar que os pais separados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. 

Grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo



book | by Dr. Radut