Skip to Content

Indice da paz

                           ÍNDICE DE PAZ DE AULA NO IES FARO DAS LÚAS                   

 

 

QUE É?

 É un PROXECTO en formato CONCURSO que se puxo en funcionamento no noso Instituto dende o curso 2013-14 e que tivo boa acollida por parte da nosa comunidade educativa.

Baséase no Global peace index, en galego Índice de paz global, que xurde por primeira vez no ano 2007 e que é un indicador que mide o nivel de paz dun país ou rexión. Elaborado polo Institute for Economics and Peace, poderiamos afirmar que é o primeiro estudo en establecer unha clasificación dos países en función da ausencia de violencia.

POR QUE ESTE PROXECTO?

Co global peace index como referente, pareceunos interesante trasladar esa idea á nosa realidade máis próxima que, dentro da entorna educativa, son as aulas. O obxectivo do Proxecto mantén, en definitiva, un fin semellante: servir como baremo que mida o nivel de boa  convivencia das nosas aulas, e, en último termo, do noso Instituto.

 

Pretendemos dar un paso máis adiante na procura destas liñas de consecución:

- Que o noso alumnado se conciencie da necesidade de manter un bo clima de convivencia na aula, pero cunha conciencia grupal.

- Que todos os membros da comunidade educativa recoñezan os beneficios de mellorar a convivencia no Centro a través da valoración de todos os implicados.

COMO E QUEN RECOLLERÁ A INFORMACIÓN?

Empregaremos unha serie de INDICADORES que nos aportarán a información que precisamos.

Esa información recollerase mensualmente e na porta de cada aula haberá un panel onde se sinalará a puntuación acadada.

Na seguinte táboa aparecen os indicadores, as persoas que han de encargarse de revisalos e as puntuacións para cada undeles:

INDICADORES

Persoa/s encargadas do cómputo

Valoración

1. Número de faltas de orde

Xefatura de estudos

-10 puntos por cada falta de orde

2. Faltas de orde por uso do teléfono móbil

 

Xefatura de estudos

-5 puntos por cada falta de orde ( a sumar a maiores ó  indicador 1).

3.  Alumnos/as     enviados á aula deReflexión

Orientadora

-5  puntos     por cada alumno/a enviado/a á aula deReflexión

 

 

4. Correccións sen recreo

 

Profesor membro do Equipo de Convivencia encargado deste Proxecto

-5 puntos por cada alumno/a sen recreo (se é un grupo de alumnos dunha clase non se superarán nunca os 30 puntos por recreo)

- 30 puntos pola clase enteira sen recreo

5. Estado de Convivencia entre alumnos/as

Valoración 0-10 por parte de cada alumno/a. Mediante a enquisa

Valoración 0-100 ( % en relación ó nº de alumnos/as/ aula).

 

6. Estado de Convivencia valorado polo profesorado

Valoración 0-10 de cada profesor que imparta clase a todo o grupo. Mediante a enquisa.

Valoración 0-100 ( % en relación ó nº de profesores que den clase a todo ogrupo

7. Estado e limpeza da aula

 

e reciclaxe

Valoración 0-100 das persoas encargadas da limpeza do Instituto

Valoración 0-100

8. Conflictos resoltos polo servizo de mediación

Comisión de convivencia

10 puntos por cada mediación resolta e a cada grupo.

CANDO COMEZA A  FUNCIONAR?

Imos dividir o concurso en dúas fases:

  • 1ª FASE: de outubro a febreiro
  • 2ª FASE: de marzo a xuño

Serán fases totalmente independentes e así, pechada a 1ª Fase, o cómputo empezará desde cero para a 2ª.

 

HABERÁ PREMIO PARA O GAÑADOR?

Como haberá dous gañadores, un para a 1ª Fase e outro para a 2ª, haberá tamén dous premios. Tamén pode darse o caso de que o gañador sexa a mesma clase nas dúas ocasións. A comezos de marzo e a finais de xuño, as aulas gañadoras recibirán un diploma acreditativo coa foto da aula e disfrutarán dunha pequena festa na cafetería do Instituto.

 

 



page | by Dr. Radut