Skip to Content

Visita a Cambados

 

O martes 25 de outubro, 30 alumnos e alumnas de 4º da ESO visitamos Cambados. Mentres un grupo de alumnos realizabamos unha visita guiada á Casa Museo de Ramón Cabanillas, o outro dirixíase ó Pazo de Torrado para ver a exposición “Pretextos Literarios”, unha mostra nada convencional de pintura, escultura, fotografía, poesía visual e collage, obra do escritor Pepe Cáccamo e do deseñador gráfico Fausto Isorna. A continuación, fixemos un roteiro guiados pola profesora Susana Naveira para coñecer os distintos lugares relacionados coa vida e obra de Cabanillas: a casa onde faleceu, o monumento ó escritor, a praza que leva o seu nome, … Tamén tivemos a oportunidade de ver a casa onde viviu Valle Inclán e varias obras escultóricas como “A naiciña”, a estatua de F. Asorey ou a do propio Cabanillas.

Para rematar, dirixímonos ás ruínas da igrexa de Santa Mariña, en cuxo cemiterio, incluído desde 2014 na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa, están enterrados a muller e un fillo de Valle Inclán.



page | by Dr. Radut