COMEZO DO CURSO 24-25: MÉRCORES 11 DE SETEMBRO
Comezamos as clases este mércores! Todos os grupos e niveis terán a súa presentación ás 9:00, sendo chamados polos seus titores e titoras e conducidos ás súas aulas. As clases rematarán ás 14:30. O horario dos autobuses será o habitual nos lugares e paradas habituais.