Skip to Content

CHARLA INFORMATIVA: SEGURIDADE E RISCOS EN INTERNET

O próximo martes 27 de febreiro, os dous centros de secundaria da localidade de Vilanova organizan unha charla conxunta enmarcada dentro do Plan director. Un especialista da Garda Civil achegaranos información sobre temas tan sensibles como a ciberseguridade, a adicción ás redes sociais, o ciberacoso, a privacidade en Internet, a protección de datos, o sexting, o grooming… ameazas na rede das que non sempre, tanto mozos como adultos, somos conscientes.

A charla terá lugar na biblioteca do IES A Basella ás 18:30.

Animamos a todas as familias do IES Faro das Lúas que o desexen a achegarse e participar da convocatoria que nos permitirá resolver moitísimas dúbidas.

 

 

 



page | by Dr. Radut