NOVAS PRAZAS LIBERADAS - CICLO SUPERIOR E MEDIOS

Hoxe publicáronse na web da Consellería de Educación, Cultura e Deporte os ciclos con prazas vacantes, no noso instituto son os seguintes:

  • Ciclo Superior en Administración e Finanzas (3 prazas).
  • Ciclo Medio en Xestión Administrativa (16 prazas)
  • Ciclo Medio en Instalacións de Telecomunicacións (15 prazas)

Estas prazas son as que había no momento da publicación da resolución e serán adxudicadas de xeito directo ao alumnado que veña ao centro a matricularse (é dicir, adxudicarase en orde de chegada). O actual prazo de matriculación vai dende as 09:00 horas do día 28/07/2021 ao 30/07/2021 ás 13:00, e o horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 a 13:00.

Se teñen calquera dúbida póñanse en contacto con nós a través do 881 866 630, a través de Whatsapp no 644 68 58 48, ou a través do correo ies.espineira@edu.xunta.gal.