PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS FP

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020.