REAPERTURA PARCIAL DA ACTIVIDADE LECTIVA

Dende o luns 25 de maio reabrirase o centro de forma parcial para a actividade lectiva, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º de Bacharelato e 2º de Ciclos de Formación Profesional de grao medio e superior.

Permitirase a entrada dos proxenitores do resto do alumnado, con cita previa, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as ou realizar trámites administrativos.

  • Prégase seguir as medidas de seguridade e hixiene indicadas pola consellería de sanidade (traer mascarilla, gardar a distancia de seguridade, lavado e desinfección de mans, etc.).
  • Non poden acudir ao centro o alumnado con síntomas compatibles co COVID-19 ou diagnosticados de COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. As familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
  • Dado que a incorporación é voluntaria, o alumnado que presenta condicións de saúde que os fai máis vulnerables para COVID-19 (enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión o hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de xeito rigoroso.
  • Evitaranse as aglomeracións. As familias solo poderán entrar ao edificio escolar no caso de necesidade ou indicación do profesorado ou do equipo directivo, cumprindo sempre as medidas de prevención e hixiene.
  • Descártanse as actividades grupais ou eventos no interior dos centros educativos.

Poden consultar a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial na seguinte ligazón.