COMEZO DAS CLASES

O día 16 de setembro iniciamos o curso 2019/2020 cos mellores propósitos de cara á formación do noso alumnado.
A presentación será ás 08:45 h. e tras esta comezará a actividade lectiva con clases no horario habitual e ata ás 14:10 h.
Os autobuses recollerán ao alumnado con dereito a transporte nas paradas de costume e á mesma hora de sempre.