BASES CONCURSO PARA REALIZACIÓN MICROVÍDEO SOBRE PROTECCIÓN ANIMAL OU MEDIO AMBIENTE

Conscientes da importancia que a protección dos animais e a defensa do medio ambiente teñen na procura dun desenvolvemento sostible e na loita contra o quecemento global do planeta, dende o IES Espiñeira animámosvos a que participedes no concurso para REALIZACIÓN DUN MICROVÍDEO SOBRE PROTECCIÓN ANIMAL OU MEDIO AMBIENTE que convocamos por primeira vez este ano. Para máis información lede as bases (premede aquí) e lembrade que tedes ata o luns 29 de abril para presentardes as vosas propostas.