NOTA INFORMATIVA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DURANTE O ENTROIDO 2019

Os días 4, 5 e 6 de marzo non haberá clase e a atención ao público farase no teléfono 881 866 630 de 10 a 13:30 horas.

O formulario de solicitude de admisión pódese descargar premendo na ligazón que se achega:

impreso de admisión

e poderase entregar na secretaría do centro a partir de xoves 7 de marzo.

Para información das familias lémbrase que a orde na entrega da solicitude de admisión non é un criterio no caso de que se teña que baremar, polo que todas as solicitudes entregadas até o día 20 de marzo estarán dentro de prazo e valerán o mesmo.