FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018.

Información ás familias sobre a orde do 09 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para alumnado de ESO para o curso escolar 2018/19. Se precisas máis información preme no enlace. As datas que figuran a continuación modifican a Orde da Xunta e serán de aplicación para o IES Espiñeira. Se queres baixar a orde que regula o fondo solidario ou os impresos de solicitude, podes visitar a seguinte páxina.