CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E MEDIO AMBIENTE.

Se queres participar no concurso de fotografía, aquí tes as bases:

  1. O concurso ten dúas categorías: Categoría 1: 1º, 2º e 3º ESO. Categoría 2: 4º ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Só pode participar alumnado do centro.
  2. Os participantes poden mandar un máximo de tres imaxes en formato dixital (extensión .jpeg ou .png).
  3. A temática das fotografías deberá ser o medio natural.
  4. As fotografías non poden ter contido difamatorio, obsceno ou inadecuado por calquera outro motivo, o cal queda a criterio exclusivo do xurado, que dará unha explicación o/a autor/a no caso de excluír algunha fotografía polo seu contido inadecuado.
  5. As fotografías participantes visualizaranse nos recreos no hall da primeira planta.
  6. As fotografías enviaranse por correo electrónico ó enderezo fotoespinheira@gmail.com e o remitente recibirá un correo dando conta da recepción das mesmas.
  7. O prazo de entrega de fotografías será entre o 23 e o 30 de maio ámbolos dous incluídos.
  8. O xurado estará composto por: a profesora de plástica, a profesora de ciencias naturais e un membro do equipo directivo. A súa decisión será inapelable.
  9. Os premios serán un cargador solar de baterías para o/a gañador/a de cada unha das categorías.