ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018 EN ESO E BACHARELATO

Procedemento de admisión de alumnado  de ESO e Bacharelato para o curso 2017/2018. De acordo coa ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ábrese do 1 ao 20 de marzo o prazo de presentación das solicitudes de admisión para alumno de centros non adscritos (Anexo II). Máis información en reserva de praza e admisión.