Skip to Content

Admisión de alumnado ESO/BACHARELATO curso 2023-24


O alumnado e/ou as súas familias que desexen obter unha praza de ESO ou BACHARELATO para o vindeiro curso 2023-24 nun centro distinto no que está matriculado neste curso, poderán presentar unha única solicitude de ADMISIÓN de dous xeitos:

  • Presencialmente na secretaría do centro (horario 9:00-13:30 h)

  • Por vía electrónica: Formulario ED550B dispoñible na aplicación admisiónalumnado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

PRAZOS:

  • Solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo (para o alumnado que queira cambiar de centro ou que procede dun centro diferente aos centros adscritos: CEIP Carlos Casares/CEIP Mallón).
  • Publiciación das listaxes: provisionais (antes do 25 de abril) e as definitivas (antes do 15 de maio). 
  • O alumnado que xa está matriculado no noso centro este curso non precisa solicitar reserva de praza.

DOCUMENTACIÓN:

  • Documento informativo para formalizar a reserva (lexislación, prazos e instrucións)
  • Solicitude no Anexo II (solicitude de centro) e AnexoII-bis (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
  • Resumo das instrucións

Entroido de cine 2023

 

“Esta semana que entra/temos festa divertida/pero cunha condición:/has facer o que eu che diga” Como marca a tradición, a semana que vén volven dous clásicos: o concurso de carteis basedo no entroido traicional galego e as leis do Meco… Como somos moi guiadiños, arrancamos cunha perruca, do máis rechamante; continuamos cun colar, a ser posible feito a man; seguimos con vistosas flores na cabeza; para aliviarmos o cansazo da semana, sairemos co pixama directamente da cama; e, finalmente, celebraremos a festa de Entroido!

Este ano participaremos no desfile que organiza o concello de Gondomar, o venres 17 de febreiro, xunto cos outros centros da zona, e remataremos as celebracións xa no noso instituto. Animádevos a participar porque, alén do concurso de carteis, haberá concurso de disfraces en dúas modalidades -individual e grupal- e en dúas categorías: a) 1º ESO/2º ESO (+PMAR)/3º ESO (+PDC) e FPB1; b) resto do alumnado. Daremos tres premios por categoría, que se entregarán en vales para a cafetería. Como sempre, valorarase a orixinalidade e elaboración propia do disfrace, a posta en escena, así como a implicación e cooperación do grupo-clase! Troula, escarnio e diversión a esgalla, non a perdades! 

Probas de acceso a ciclos formativos 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para a convocatoria do ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos de grao medio: entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

 

Renovación do Consello Escolar 2022

  • Poden consultar os candidatos elixidos nos diferentes sectores (profesorado/alumnado/pais, nais e titores legais) no Consello Escolar 2022 na seguinte ligazón.

 Máis información: Resolución do 19 de setembro, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro) na seguinte ligazón

 

 

 

 

 

Ruta xeolóxica por Monteferro

 O pasado luns 17 de outubro os Departamentos de Ciencias Naturais e Xeografía e Historia realizaron unha saída didáctica a Monteferro co alumnado de Bacharelato das materias de Xeografía, Xeoloxía e Ciencias da Terra. Acompañaron a saída a profesora Pura González e os profesores Francisco Álvarez e Iván Granja.

 O obxectivo desta actividade foi o estudo da xeoloxía do lugar así como a observación da paisaxe, os ecosistemas e os valores patrimoniais.

 Neste documento podedes atopar máis información e fotos desta actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut