Skip to Content

Alumnado de 2º ESO participa na Liga Maker Drone

  O noso alumnado de 2º de ESO da materia de Programación participa este venres na Coruña na Liga Maker Drone. Trátase dunha competición organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia e que ten como obxectivo estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de secundaria.

 Este alumnado deberá deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible.

 Máis información deste evento nesta ligazón.

 Premendo na foto inferior pódese consultar o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Liga Maker Drone

Concreción curricular 2022-23

Poden consultar a Concreción Curricular de Centro, en que se especifican os criterios xerais para o curso 2022-23 no IES Escolas Proval, premendo na seguinte ligazón.

 

 

O proxecto Cansat de Electrónica Proval, gañador da fase galega

  O proxecto SetiSat do IES Escolas Proval conseguiu o premio ao Mellor CanSat Galicia 2023 na fase autonómica que se desenvolveu nesta última semana de abril no aeródromo das Rozas (Lugo) e na cidade da Cultura de Santiago. Parabens!!

  O equipo, formado por alumnos de Ciclos formativos de Electrónica baixo a supervisión dos profesores José Luis Rodríguez e Javier Diz, representará a Galicia na fase nacional de Cansat. Trátase dunha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que o alumnado participante deberá realizar a simulación dun satélite dende o seu deseño e fabricación ata o lanzamento e posterior recollida de datos.

  Así se recolle esta nova na web da Xunta

  Nesta web está dispoñible toda a información deste proxecto.

  Premendo na foto inferior poderás ver as fotos do equipo Cansat Proval

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> GañadoresGaliciaCansat

Fase rexional do desafío Cansat

  Chegou o momento do desafío Cansat na fase rexional. Este luns os profesores de Electrónica Javier Diz e José Luis Rodríguez lanzaron en As Rozas (Lugo) o satélite deseñado e construído polo equipo de ciclos de Electrónica. Pese a algunha incidencia conseguiron completar con éxito a misión primaria e tamén desenvolveron misións secundarias adicionais.

  O xoves 27 de abril exporán e defenderán os seus proxectos ante o xurado na Cidade da Cultura de Santiago.

 Premendo na foto poderase visualizar o álbum do lanzamento do Cansat de Proval

 

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Cansat

Saída ao Galiñeiro

O pasado 27 de marzo o alumnado de Bacharelato e 4º de ESO fixeron unha saída didáctica ao Galiñeiro organizada polos profesores Laura F. Basalo, Eva Pena, Fran Álvarez e Pura González. Nesta actividade estiveron acompañados por traballadores da Comunidade de Montes de Vincios e tiveron a ocasión de facer un achegamento ao Galiñeiro dende a Xeoloxía, a Bioloxía ou o patriminio natural.

 No seguinte documento podedes consultar unha reseña desta actividade.

 Premendo na foto inferior podedes consultar o álbum da saída.

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Monte Galiñeiro
Distribuir contido


by Dr. Radut