O EDLG conxuntamente co Departamento de Galego organizaron a saída a Vigo, ao Museo do Mar, para visitar a exposición e actividades sobre o pergamiño Vindel. Asistiu o alumando de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato
Alumnado de musica de Proval participu no Concerto de alumnos de secundaria-Memorial Blanca Lorenzo Royo que se desenvolveu o 29 de novembro no Auditorio Municipal de Vigo.
Participaron neste evento IES Alexandre Bóveda, IES Carlos Casares, IES Castelao, IES Rosais 2, IES Santo Tomé, IES 1º de Marzo e o IES Escolas Proval. O noso alumnado interpretou a Rondó para caldeiros, chifres e outros cacharros baixo a dirección da profesora Paula Carreras.