Skip to Content

Curso 2017 18

Alumnado de Proval en Imatxina.

  O 9 de abril, o alumnado de 2º de ESO asistiu aos obradoiros de Imatxina, en Vigo. Traballaron con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas.

  Seleccionando a foto inferior, pódese consultar o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Imatxina

Cúpulas de Leonardo

  O Departamento de Matemáticas está a empregar pezas de madeira (pezas de 50cm con 4 muescas) para a construcción de 11 modelos de cúpulas de Leonardo. Trátase de estructuras sen ningún tipo de suxección que se manteñen grazas á gravedade e ao encabalgamento mútuo dos segmentos.

  Con esta actividade, o departamento inclúe nos diferentes niveis educativos contidos de traballo cooperativo, imaxinación espacial e seguemento de patróns.

Selecciona a foto inferior para consultar o álbum desta actividade. A última foto recolle os patróns para a construcción das cúpulas

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Cupulas Leonardo

Catorce alumnos do IES Escolas Proval, de Erasmus neste último trimestre

  Catorce alumnos de FP do IES Escolas Proval realizan neste último trimestre as súas prácticas laborais en empresas do Reino Unido, Bélxica, Italia e Portugal. Son estudiantes de Ciclos Formativos de Electrónica e de Administración de Empresas e viaxan no marco do programa Erasmus.

  Así recolleu a prensa este evento

Intercambio Francia 2018

 Alumnado de Francés do noso centro, conxuntamente co IES Terra de Turonio, estarán na Provenza francesa do 14 ao 23 deste mes de marzo.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Intercambio Francia 18

A Biblioteca de xaneiro a marzo 2018

   Neste trimestre conmemoramos varias datas significativas coma o Día escolar da non violencia e da paz, o Día da muller e da nena na ciencia, o Día da muller...; actualizamos os taboleiros de Biblionoticias e Biblionovidades; fixémonos eco do Premio Nacional de las Letras Españolas outorgado á escritora e xornalista Rosa Montero; e, como non podía ser doutro xeito, tivemos unha pequena lembranza para o gran Stephen Hawking co motivo do seu pasamento.
 
Seleccionando a fotografía inferior poderás ver un álbum de resumo destas actividades.

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Actividades biblioteca 2 avaliacion
Syndicate content


by Dr. Radut