Como en cursos anteriores, convocouse de novo, o concurso de relatos matemáticos. Este ano, como novidade, os participantes organizáronse en tres categorias segundo o ciclo ao que pertencen.
O xurado declarou deserta a categoría correspondente ao alumnado do 1º ciclo de ESO, por considerar que os relatos presentados non reunían a calidade necesaria.
Pola contra, na categoría correspondente ao alumnado do 2º ciclo, queremos agradecer o interese que puxo o alumnado e destacamos a orixinalidade e calidade dalgúns dos relatos presentados. Por esta razón, o xurado decidiu nomear dous relatos gañadores de dúas alumnas:
Polo seu intenso relato, excelentemente redactado, no que é capaz de transportar ao lector a finais do século XVIII para revivir aqueles primeiros anos na infancia de Sophie Germain, cando descobre a súa paixón polas matemáticas e ten que loitar contra a reticencia paterna e as convencións sociais dunha época na que os estudos de tales coñecementos e o acceso á universidade estaban vetados para as mulleres:
Bonia Campos Rivero de 3º ESO por “Marie Sophie Germain: matemática francesa”
" Padre es un hombre inteligente y culto, pero severo. En casa tenemos una biblioteca llena de libros sobre todo tipo de cosas. Me fascinan. A pesar de que nunca me dejan entrar, lo hago continuamente. No recibo educación en casa y tampoco me dejan salir, a causa de de Revolución. Madre dice que no estamos hechas para la enseñanza..." Segue a ler
Polo seu elaborado relato, excelentemente redactado, no que leva ao protagonista nunha carreira contra reloxo, resolvendo unha serie de enigmas de temática matemática na procura dunha xoia familiar así como de respostas sobre o seu pasado e, todo isto perfectamente ambientado na cidade de Londres:
UxÍa García Ramallal de 4º ESO por “La cuenta atrás”
" Intenté correr todo lo que pude, pero aún así, tenía la certeza de que no lograría llegar a tiempo… Ahora mi vida dependía de un simple reloj cuyos mecanismos estaban ya accionados. La cuenta atrás había empezado…" Segue a ler