Skip to Content

Tecnoloxía

Tecnoloxía con robots

 Na semana do 18 ao 22 de abril, dez alumnos da materia de Tecnoloxía de 4º ESO e dous de 1º ESO, participaron nos seguintes eventos:

 A.- VIII OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO " A Maxia da Robótica" organizado por IGACIENCIA e a Fundación Barrie.

 Ver enlace IGACIENCIA

B.- Concurso de Robótica Escolar organizado por Bricolabs.

 Neste evento participamos con catro robots sigueliñas, construídos con Arduino; o proxecto foi financiado por un contrato programa de mellora da competencia científico- tecnolóxica.

Concurso de robótica escolar, Maker Octopus

 

Video realizado polos alumn@s

Novo premio de "Cocacoleando 2015" para o alumnado do IES Elviña

Os alumnos Andrés Fernández Mejía ( 4º ESO) e Álvaro  Fraguío  (1º Bac)    gañaron o segundo premio no concurso " Cocacoleando", celebrado o pasado día 9 de maio con motivo do XX Día da Ciencia na Rúa. A entrega de premios realizouse nas instalacións da Coca Cola o 28 de maio pola tarde.

 

XX día da ciencia na rúa

O sábado 9 de maio o alumnado da ESO participou un ano máis neste certame. As actividades foron realizadas polo departamento de Tecnoloxía e Matemáticas.

Máis información no blog: tecnoelvina.blogspot

Dúas actividades:

  • Un billar elíptico.
  • Pésate na nosa panca. Medimos peso e masa.

Visita ao II encontro solar da Universidade da Coruña

14 de maio no campus universitario de Elviña
Os alumnos do IES Elviña, José Lema, Iván Fernández, Andrés Paredes e Carlos Sanjurjo asistimos hoxe pola tarde ao II Encontro solar da UDC.
Alí o profesor do CIFP de Someso, Juan Bello deunos unha explicación de como podíamos recoller a enerxía radiante do sol, e aplicala a cociñas e fornos solares.

Elviña coa ciencia na rúa

Sta. Margarida, 10 de maio



Distribuir contido


by Dr. Radut