O departamento de francés programou e realiou unha viaxe cultural a París entre os días 21 e 27 de marzo. Nesta viaxe participaron 16 alumnos de diferentes cursos.
Durante a viaxe a París visitamos os lugares e monumentos máis emblemáticos da cidade, e non podía faltar un día de estancia en Eurodisney.
A viaxe de ida foi en autobús e aproveitamos para visitar o castelo de "Chambord", no Loira. A volta foi en avión ata Santiago.
A experiencia resultou moi grata. En breve publicaremos unha reportaxe fotográfica da viaxe.