Intervención coas familias: visita ao poboado das Rañas
Actividade realizada o sábado 25 de xaneiro
Dentro da liña de intervención coas familias do Contrato-Programa que está a desenvolverse no centro, tivemos unha sesión de traballo o sábado día 25 de xaneiro na que colaboraron Arquitectos Sen Fronteiras e o Servizo de Voluntariado da Universidade da Coruña. O obxectivo era achegarnos ao contorno no que se desenvolve a vida cotia dalgúns dos nosos alumnos e alumnas. O xefe de estudos e a orientadora do IES ELVIÑA, xunto co educador social Eduardo Dopico, fixeron unha visita ás familias de “As Rañas”, visita da que se da conta nas fotos que vedes aquí:
Reunión comunitaria na casa dos alumnos Jesús Antonio e José Miguel. Familias, xefe de estudos, educador social Eduardo, orientadora, Arquitectos Sen Fronteiras, Voluntarios da Universidade da Coruña e alumnos e alumnas.
Vista do acceso ao poboado das Rañas. Percorrido de acceso que deben realizar o alumnado tódolos días á parada do transporte escolar.
Posando diante da casa de Montse xunto cos compañeiros e compañeiras de Arquitectos Sen Fronteiras e Voluntariado da Universidade da Coruña