Skip to Content

Intervención coas familias: visita ao poboado das Rañas

Enmarcado nos Contratos Programa da Consellería de Educación, dentro da liña de INTERVENCIÓN COAS FAMILIAS, veñen desenvolvéndose neste primeiro trimestre, unha serie de iniciativas encamiñadas a aproximar o instituto, á realidade de nais e pais pertencentes a súa comunidade educativa.
Estas actuacións, coordinadas pola profesora María Ares Chao e dirixidas por Silvina Paricio Tato, Orientadora do centro, tiveron unha das súas concrecións en dúas visitas ao poboado das Rañas en colaboración cos compañeir@s do Servizo do Voluntariado da Universidade da Coruña, coa que mantén reunións periódicas o departamento de Orientación.
  Bienvenido, coas súas netas e netos. Alumando do Instituto Plurilingüe
de Elviña. Á dereita da foto, Eduardo Dopico Prego, educador social e
colaborador da Aula de Orientación Educativa do centro escolar. Á esquer-
da un voluntario de Arquitect@s sen Fronteiras, ONG colaboradora do Ser-
             vizo de Voluntariado da Universidade da Coruña. 01/11/2013
 
 
María e Águeda, profesoras de apoio do Instituto Plurilingüe de Elviña,
Eduardo, educador social, tres voluntari@s do Servizo de Voluntariado
da Universidade da Coruña, María a matriarca das Rañas e membros
               da familia. Fotos do fotógrafo de El País, Gabriel Tizón. 30/11/2013


page | by Dr. Radut