CONCURSO DE GUIÓNS PARA MICROMOVIES
BASES:
1. Porderán participar todos os alumnos e alumnas de 4º da ESO con un ou máis guións, individualmente ou en grupo.
2. Os guións, de temática libre, deberán ter en conta:
.Serán para un máximo de 30 segundos.
.A súa realización será exclusivamente para teléfono móbil.
.Non poderán incluír notas de ningún tipo de efecto de postprodución, nin visual nin sonora.
.Deberán levar título.
3. Os títulos dos guións presentados e o nome do autor/autora ou autores aparecerá no espazo web do Departamente de Lingua Galega e Literatura.
4. A data de entrega é o 30 de marzo. Entregaranse no Departamento de Lingua Galega e Literatura. O título do guión premiado así como o nome do autor/a ou autores darase a coñecer o 8 de abril no espazo web do Departamento.
5. Haberá un único premio ao mellor guión outorgado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. O premio consistirá no libro de lectura obrigatoria da 3ª avaliación.
A decisión é inaplelable.
6. O feito de participar no concurso supón a aceptación das presentes bases.