ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:
- en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO NÚMERO DE VACANTES DISPOÑIBLES (125 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo queSERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.
- en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (1 vacante), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES o número de solicitudes presentadas en admisión É SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (1 vacante) polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMACIÓN
Aqueles solicitantes que deixasen sen presentar documentación obrigatoria para os criterios de baremo alegados, deberán entregala na secretaría do centro con data límite do día 5 de abril (inclusive).
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 15 de maio, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.