Skip to Content

A Xunta de Galicia licita melloras no IES Plurilingüe Elviña

A semana pasada a Xunta de Galicia licitou inminentes actuacións arquitectónicas de relevancia no IES Plurilingüe Elviña. Os traballos -enmarcados no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia- céntranse na mellora do illamento e no aumento da eficiencia enerxética. Está incluída a substitución da cuberta do tellado, a impermeabilización de terrazas interiores e a reparación das fachadas exteriores. En paralelo levarase a cabo unha habilitación de espazos docentes no interior e modernización das aulas existentes.

O Delegado Provincial da Xunta de Galicia, D. Gonzalo Trenor, e representantes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade visitaron o centro o venres pasado para explicar persoalmente aos equipos directivos as actuacións previstas en varios CEIP da contorna e no propio IES.

A prensa local fíxose eco con reseñas en medios como La Opinión A Coruña, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia.

Congratulámonos con moita ledicia destas boas novas para toda a comunidade escolar, que redundarán nun centro máis acolledor, saudable e sustentable para o próximo curso escolar 2021/22 e seguintes.



page | by Dr. Radut