ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS
O pasado xoves 13 de febreiro visitou o noso centro unha representación de Alcohólicos anónimos para dar unha pequena charla ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato sobre os perigos do consumo inmoderado de bebidas alcohólicas. O alumnado escoitou con atención o testemuño de primeira man sobre as consecuencias nefastas deste hábito. Agardemos que lles sirva aos nosos rapaces.
MULLER E CIENCIA
Aproveitando que o día 11 de febreiro celébrase a vindicación das rapazas e das mulleres na ciencia a través do seu Día internacional, a Doutora en Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña Susana Ladra veu dar unha charla ao alumnado da ESO sobre genómica. Ao fío da súa intervención aproveitou para animar a todas as nosas alumnas a adentrarse con entusiasmo e imaxinación no mundo das ciencias puras, de certo ben necesitadas do talento feminino. Se cadra dentro dalgúns anos, sexa algunha rapaza do público a que lles dea unha charla de ciencia ao alumnado do futuro IES Elviña... Ogallá!