Skip to Content

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

012º BACHARELATO. 41ª PROMOCIÓN (2017-2019)

Rematado o curso, o pasado venres 24 de maio o noso alumnado de 2º de Bacharelato celebrou o seu ansiado egreso. Por esta causa, todos os integrantes da comunidade de Elviña -familias, alumnado, profesorado e persoal non docente-, sacaron do armario as súas mellores galas para o evento. Pagaba a pena facelo para unha ocasión tan festiva.  A nosa benquerida amiga Mercedes Feijóo Díaz acudiu de novas ao centro na súa calidade de exdirectora, profesora de matemáticas e conferenciante (aí queda iso!) para dar unha ultima lectio aos graduados e ás graduadas sobre a vida de dúas mulleres matemáticas de excepción (a francesa Sophie Germain e a galega María Wonenburger). Todos os presentes desfrutaron da charla, amena e didáctica.

020304
10a10b10c
10d10f10e

Os rapaces e as rapazas do curso recolleron os seus diplomas conmemorativos e leron os seus discursos de despedida, inmellorablemente dirixidos polos presentadores do evento, Tatiana e Miguel, que amosaron o seu encanto natural e bo humor. A ocasión do egreso dunha promoción ten sempre esa dupla faceta de alegría polo fin dun ciclo e de melancólica tristura pola despedida. Así foi unha vez máis. En todo caso, parabéns a todo o alumnado que rematou os seus estudos. Agora toca voar alto.

Orla

 



page | by Dr. Radut