Skip to Content

VISITAS ESCOLARES

O ALUMNADO DO IES ELVIÑA DE PASEO POLA CIDADE

Comezado febreiro, e despois das visitas ao Porto, a casa-museo de Emilia Pardo Bazán, ao museo de Belas Artes, á Axencia Tributaria, ao Centro Ágora, á Jaca e ao Pazo da Ópera do pasado mes, comezan as visitas e actividades de febreiro. Benvidas sexan, aínda que algúns dubiden de que o instituto sobreviva a tanto movemento. Comezamos con dúas visitas de historia... 

O grupo de 4º ESO acudiu o día 5 de febreiro ao Castro de Elviña, nas aforas da cidade. Alí pasearon polo campo e viron as ruíñas arqueolóxicas das citanias e edificacións dos primeiros veciños da cidade herculina.

010203
040506


Por outra banda, o alumnado de 2º de Bacharelato aproveitou o pasado martes día 12 de febreiro para airearse un pouco e fuxir das catro paredes da aula, agora que, avanzando o curso, achégase xa a xornada do seu grao. Foron ao Arquivo do Reino de Galicia, no edificio noble do Xardín de San Carlos. Alí, coa guía experta dunha das bibliotecarias arquiveiras puideron contemplar e comentar diversos documentos da historia local, rexional e nacional, visitaron as salas de documentación, os fondos e o obradoiro de restauración. Pasaron un bo rato. Loubados sexan por iso os nosos benqueridos Alberto e Pilar, que prepararon a visita!

010203
040605


page | by Dr. Radut