O concello da Coruña abre o prazo para a inscrición de alumnado no Programa Idiomas do Mundo 2018
O programa municipal Idiomas do Mundo 2018 é unha actividade de inmersión lingüística nun dos catro principais idiomas do mundo (inglés, francés, alemán e portugués). Ofrece ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato dos centros de ensino secundario da cidade un conxunto de 71 bolsas para estadías veraniegas de 4 semanas de duración en catro cidades europeas. O obxectivo do programa é mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ademáis de participar nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.
O prazo para a presentación da documentación comeza o 5 de marzo e remata o día 28.
Para arranxar calquera dúbida relacionada con este programa, os representantes de educación do Concello farán unha reunión para as familias e persoas interesadas o luns 12 de marzo ás 19:00 horas no Centro Cívico Municipal dos Mallos.
A convocatoria e as bases do programa, así como os formularios de inscrición pódense consultar na web do Servizo de educación do Concello da Coruña. O próximo luns 5 de amarzo habilitaráse a ficha de inscrición en liña. Clicando na imaxe de cabeceira acceden a un resume da convocatoria.