Na tumba de Sir John Moore
Coincidindo co aniversario da Batalla de Elviña (16 de xaneiro de 1809) na que as tropas napoleónicas se enfrontaron co exército inglés en retirada durante a Guerra da Independencia, o alumnado de 4º ESO do noso centro fixo unha visita ao Museu militar e ao Xardín de San Carlos, no panteón público do xeneral inglés Sir John Moore. A actividade estivo organizada polo Departamento de inglés e contou coa asistencia dos dous profesores auxiliares de lingua inglesa do instituto Jana Karatas (bolseira Fullbright) e James Peters, como acompañantes do noso profesorado. Un forte abrazo aos dous e o noso cariño e agradecemento pola súa permanente simpatía e o seu compromiso nas actividades do centro. Velaquí tedes as fotografías do evento. Está claro que todos o pasaron pipa.